Baixo este epígrafe englobamos as labores de creación de imaxe tanto na cuestión de deseño gráfico coma no mundo da ilustración.

Deseño:

Creamos todo tipo de productos que abarcan este campo, dende papelería, tarxetas, cartelería, packaging, identidade corporativa, revistas, catálogos, trípticos, etc, adecuados a un estilo de deseño, previo estudio detallado do mesmo, que satisfarán os seus requirimentos, destacando o coidado técnico e artístico, coidado que imprime calidade á aplicación.
Sempre innovamos e creamos deseños atrativos, comunicativos e comerciais, en plena coordinación ca empresa ou producto do que é obxecto, pois un bo deseño é comparable ó escaparate dunha tenda, e ten que transmitir a calidade do que pretendemos publicitar.

Algúns exemplos:

Ilustración:

Coa ilustración cóntanse historias, lánzanse mensaxes, créanse soños e en Xolda Diseño cremos que todo isto non é so cousa de nenos, polo que estamos dispostos a realizar calquera tipo de ilustración que sexa idónea para calquera tipo de proxecto, ben sexa para publicidade ( en internet, papel ou televisión) editorial, aplicado ó deseño gráfico e as produccións audiovisuais.

Algúns exemplos:

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK | Máis información